Archive for enero 11, 2010
A Banda gaña baixo a neve
Esa Banda chamada Real Madrid Club de Fútbol gañou onte por 2-0 ao Mallorca no Santiago Bernabeu, nun partido marcado pola intensa nevada caída ao longo dos 90 minutos.
O Pipita abriu o marcador aos 9 minutos cun golazo coa zurda dende fóra do área. Debiu ser sorte, como sempre pasa coa Banda. O mesmo que o segundo tanto, obra de Granero ao comezo da segunda metade.
O equipo dirixido por Pellegrini creou oportunidades dabondo para golear, pero os atacantes merengues non foron eficaces de cara ao gol. Os «entendidos» de fútbol din que agora a Banda xoga ben. Eu penso que agora é posible que xogue máis bonito que ao principio de liga, pero xogar ben creo que é outra cousa.
Xogar ben é crear oportunidades, ser vertical, chegar ao áreca contraria; e sobre todo, ser eficaz ante a meta rival. Por eso podería dicirse que onte a Banda xogou ben a medias, porque creou numerosas oportunidades pero fallou a maioría delas. Ao principio de liga era, polo xeral, máis eficaz. Pero os «entendidos» afirmaban que non xogaba ben. Xa se sabe, para gustos.
E xa está.