Espectáculo en directo
enero 25, 2010 at 1:33 pm Deja un comentario
Onte tiven a oportunidade de ver en directo o Real Madrid – Málaga no Santiago Bernabeu, que rematou cun resultado de 2-0.
Que espectáculo!!! Incluido o árbitro, antimadridista de toda a vida. Expulsou a Cristiano (autor dos dous goles) e anulou un gol legal a Sergio Ramos. A Villar habería que deixalo solto no medio do Bernabeu!!!.
Hai que destacar o partido de Guti, espléndido no control e manixa do encontro. Está visto que cando está centrado e quere, o canteirán é un fenómeno. Aparte de Cristiano e o susodito Gutiérrez, gustáronme moito tamén Arbeloa, Albiol e Granero.
Pola contra, poiden constatar a baixa forma de Kaká – pouco a pouco irá increscendo – e Xabi Alonso -fallou moitos máis pases do habitual -. Ademais, Benzema non está aproveitando a súa oportunidade de loitarlle o posto a un Higuaín lesionado, que cando se recupere voltará sen dúbida a ser titular.
Pero do todo o vivido onte, quédome coa impresionante ovación a Van Nistelrooy, que se despediu para fichar polo Hamburgo. Antes de comezar o partido, todo o Bernabeu en pé homenaxeou ao holandés como se merece. E ao remate, varios milleiros de seguidores quedáronse no estadio coreando o seu nome, ata que o dianteiro voltou a saír ao campo para agradecer o apoio. Aínda teño a pel de galiña!!!
E xa está.
Entry filed under: Uncategorized.
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed