Archive for febrero, 2010

O ciclón foi o Madrid

Tenerife  1   Real Madrid 5

O pasado venres  pasou a chamada «tormenta perfecta» por Tenerife. A  mesma que onte tocaba Galicia. Pero o verdadeiro ciclón  pasou pola illa canaria o sábado pola tarde-noite, cun nome chamado Real Madrid.

Logo duns primeiros minutos de tanteo, o Pipita Higuaín presentou as súas credenciais en forma de dous goles de dianteiro nato.  Co 0-2, e tralo descanso,  outro lacaio do Villarato (Ramírez Domínguez) quixo darlle emoción ao encontro e permitiu que subise ao marcador un gol totalmente ilegal do Tenerife, tras falta previa a Casillas.

Pouco lle durou a ledicia a Villar e Sánchez Arminio, pois un minuto despois Kaká deixou claro que a vitoria merengue non se ía a escapar.  O Tenerife seguiuno intentando, e incluso o adestrador local cambiou un central por un dianteiro. As consecuencias estaban claras:  chaquetilla segura!!!.

E así foi. Cristiano -de penalti- e Raúl  puxeron o 1- 5 definitivo, pero xa antes Higuaín tirara ao longueiro e o propio portugués fallara un man a man co porteiro local.

Mentres tanto, o Farsa sigue coa historia de sempre. Deixaron de pitarlle dous penaltis ao Málaga, e no 2-1 de Messi teño serias dúbidas da súa legalidade. O imputado e os seus esbirros  queren darlle emoción a esta Liga e xa levan regalado ao Farsa arredor de 10 puntos.

E xa está.

febrero 28, 2010 at 2:39 pm Deja un comentario

Porra liga

Porra para os partidos de liga:

1) Tenerife – Real Madrid

2) Barcelona – Málaga

Un hombre       1) 0-2         2) 2-2

Rubia                1) 1-2          2) 2-0

Trotis               1) 1-5          2) 3-2

febrero 25, 2010 at 11:46 am 4 comentarios

Platinirato en Europa

  • Vergoñenta arbitraxe a favor do Farsa (ou Barsa) en Stuttgart
  • Dous penaltis non pitados e gol culé tras falta previa
  • Villar e Platini non poden durar nin un segundo máis nos seus postos

Se xa a temporada pasada asistimos a unha escandalosa arbitraxe nas semifinais da Champions League no partido Chelsea-Farsa, onte volveuse a repetir o Platinirato en Stuttgart. Se Villar e Platini o que queren é que o Farsa chegue á final do Bernabeu, que supriman as eliminatorias previas dos cataláns e que o sitúen xa na finalísima.

De non ser pola vergoñenta actuación do árbitro, o Farsa onte xa estaría casi eliminado da Champions. Dous penaltis non pitados a favor dos alemáns, e o gol de Ibrahimovic se produce tras unha clarísima falta de Piqué. Por tanto, o resultado podería ter sido un 3-0.

Pero como choróns que son de toda a vida, os «farsistas» reclaman un penalti a favor por mans dun defensor alemán, que ademais conlevaría a expulsión. Claro está, non viron a man previa de Ibrahimovic, que permite acomodar o balón para logo disparar a porta. Xa en Stamford Bridge o ano pasado non viron tres ou catro penaltis de libro a prol do Chelsea. Os segundóns son así!!!.

Está claro que Platini e Villar non poden durar nin un segundo máis nos seus postos. Como presidente e vicepresidente da UEFA, respectivamente, están alterando gravemente a competición. Non me extrana que suxeitos como Ovrebo sigan arbitrando na Champions. Xa o vimos no partido de ida da eliminatoria Bayern Munich-Fiorentina, volvéndoa a armar. Igual ata lle asignan a final do Bernabeu si chega o Farsa!!!.

E xa está.

 

febrero 24, 2010 at 2:32 pm Deja un comentario

Fútbol de verdade

Real Madrid 6 – Villareal 2

  • Lección de xogo vertical e ofensivo dos merengues
  • Golazo de falta de Cristiano, que participou noutros 4 goles
  • Kaká e Higuaín marcan por partida doble, e X.Alonso remata a faena

Noite de espectáculo no Bernabeu. A Banda de música goleou por 6-2 ao Villareal tras unha lección de xogo vertical, veloz e ofensivo. O fútbol de verdade!!!. Os blancos, aparte dos seis tantos, crearon outras 4 ou 5 ocasións claras de gol.

Cristiano abriu o marcador cun golazo de falta pola escadra dende 35 metros. Un misil teledirixido. Impresionante!!!. Pouco despois, Kaká anotaba o segundo de penalti, e Senna acurtaba distancias tras outro golazo de falta.

Así se chegaba ao descanso. Ao pouco de comezar a segunda metade, o Pipita marcaba o 3-1 tras unha asistenciade Cristiano, previa galopada pola banda dereita. O propio portugués perdonou o cuarto pouco despois, e xusto despois o Villareal anotou 0 3-2, que mantiña a incertidume no marcador.  

Pero Higuaín aínda non dixera a última palabra. O Pipita aproveitou outro ataque veloz e vertical comandado por Kaká, que abriu á banda a Marcelo, quen á súa vez serviu ao dianteiro arxentino para que empurrara o balón a pracer.

O Bernabeu estaba a ver un torrente de fútbol ofensivo merengue, con constantes chegadas á meta rival usando a velocidade, a verticalidade e a pegada. Ou sexa, o FÚTBOL DE VERDADE. O famoso «tiki-taka» no medio do campo e sen profundidade está ben para a Play Station.

Foi así como chegaron os dous últimos goles blancos. O quinto tras unha combinación de Cristiano e Kaká, para que este último o seu segundo tanto da noite. E o sexto de Xabi Alonso de penalti, que se estreaba como goleador no Real Madrid.

Algún que outro medio de comunicación falaba do partido contra o Villareal como un xuízo a Pellegrini. Son os mesmos que día si e día tamén están a buscar un sustituto para o adestrador chileno. Para min, tonterías!!!. Hai que vender periódicos e non saben o que facer.

E xa está.

febrero 21, 2010 at 11:13 pm Deja un comentario

Porra liga

Porra para os partidos de liga:

1) Real Madrid – Villareal

2) Barcelona – Rácing Santander

Un hombre        1) 3-1        2) 2-2

Trotis                1) 4-0        2) 3-1

febrero 17, 2010 at 10:53 pm 1 comentario

Arbeloa e Cristiano poden co «patatal»

Xerez  0  –  Real Madrid  3

A Banda gañou hoxe por 0-3 en Xerez nun partido caracterizado polo mal estado do terreo de xogo. Tras unha primeira parte na que o equipo local fixo o partido da súa vida, tralo descanso os merengues impuxeron o seu xogo e golearon.

O camiño da vitoria abriuno Arbeloa. Un xogador que non acapara titulares de prensa nin pasa por ser unha gran figura, pero que para min foi unha das mellores fichaxes o pasado verán. Trátase dun futbolista moi regular, sempre cumplindo a súa función e moi solvente tanto en defensa como en ataque.

Cristiano Ronaldo pechou o encontro con dous goles en 5 minutos. E tivo oportunidades na primeira parte de acadar algún tanto máis.

Hai que destacar tamén o bo partido de Sergio Ramos e Garay como centrais. O sevillano está demostrando que no centro da defensa é un dos mellores do mundo, e o arxentino para min é o xogador revelación do equipo ata o momento.

En definitiva, tres puntos  máis seguir sumando.Nun campo que, tal e como estaba hoxe, o importante era gañar e non o xeito de como se fixera.

E xa está.

febrero 13, 2010 at 10:23 pm Deja un comentario

No Calderón, de central…… Iturralde

O Barcelona xoga este domingo partido de liga no Calderón ante o Atlético, un estadio no que perdeu os dous últimos anos. Esta semana foron noticia as lesións e sancións na retagarda do equipo culé, que terá que afrontar o encontro con só 3 defensas do primeiro equipo: Puyol, Milito e Maxwell.

O imputado Villar e Sánchez «Martirio» tomaron nota da situación e designaron a Iturralde como árbitro do partido. Si, ese mesmo que, por exemplo, este ano inventouse un penalti a Xavi no Barça-Español.

Polo tanto, non creo que Guardiola teña problemas para alinear un central ou un lateral. De central….. Iturralde, e de lateral….. un linier.

E xa está.

febrero 11, 2010 at 11:54 am Deja un comentario

Porra liga

Porra para os partidos de liga:

1) Xerez – Real Madrid

2) Atlético – Barça

Un hombre           1) 1-4            2) 3-2

Trotis                    1) 1-3            2) 4-2

Rubia                    1) 0-2            2) 2-2

febrero 10, 2010 at 11:58 am 2 comentarios

Cesc xogará onde queira Florentino

Unha emisora de radio catalana afirmou onte que o Barça xa chegara a un acordo con Cesc para tentar incorporalo a temporada que vén. Quedaría, eso si, a negociación co Arsenal para que o traspaso sexa unha realidade.

Sen entrar a valorar se esta información pode ser certa (o representante do xogador xa a desmentiu), penso que Cesc Fábregas xogará a vindeira temporada onde queira Florentino Pérez.

Se o mandatario merengue desexa de verdade fichalo, acabará xogando no Real Madrid. Se non é así, entón Cesc podería acabar no Barça, noutro equipo ou seguir no Arsenal.

Dito esto, e se facemos caso ao declarado por Valdano o verán pasado, parece claro que Cesc non é un obxectivo prioritario do Real Madrid. O director xeral do club blanco afirmaba entón que no posto que ocupa Cesc no terreo de xogo xa ficharan a Kaká.

Eu discrepo en parte con Jorge Alberto Valdano. Creo que Fábregas, aparte de xogar de media punta, tamén pode desenvolverse perfectamente de mediocentro ofensivo. Se o Madrid decide desprenderse o vindeiro verán de Van der Vaart ou Guti, necesitaría un futbolista para esa posición e Cesc é dos mellores nese lugar.

Por tanto, se o Real Madrid considera prioritaria a súa fichaxe, a Florentino non se lle escapará. Pero intúo que non vai ser así, e que Cesc rematará xogando no Barça da man de Sandro Rosell. Ogallá me equivoque.

E xa está.

febrero 10, 2010 at 11:53 am Deja un comentario

A comedia continúa

A Banda gaña sen problemas ao Español mentres que o Superequipo sigue atracando

A vida sigue igual: atraco tras atraco ata a roubeta final. Así podería definirse o acontecido onte no partido de Liga Barcelona-Getafe. E o mellor de todo é que os culés aínda se queixan do árbitro!!!. Será polo gol de Messi, con Ibrahimovic en fóra de xogo, ou o penalti non pitado de Abidal sobre un xogador getafense.

En fin, o de sempre tratándose de segundóns. Todavía estamos esperando a que se cumpran os dous partidos de sanción de peche do Campo Nuevo. Ou poderían falar do indulto do impresentable Villar por non querer xogar un partido da Copa do Rei.

Mentres tanto, a Banda gañou o seu partido ante o Español sen maiores  problemas. Valeron os tantos de Ramos, Kaká e Higuaín. Este último un auténtico golazo.

Está claro que, a día de hoxe, o Pipita é titular indiscutible.  Benzema, nestes últimos partidos que xogou de titular, non é que o fixera fatal, pero non demostrou o suficiente  como para quitarlle o posto ao atacante arxentino.

E xa está.

febrero 7, 2010 at 3:33 pm Deja un comentario

Entradas anteriores


Calendario

febrero 2010
L M X J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728

Posts by Month

Posts by Category