Cesc xogará onde queira Florentino
febrero 10, 2010 at 11:53 am Deja un comentario
Unha emisora de radio catalana afirmou onte que o Barça xa chegara a un acordo con Cesc para tentar incorporalo a temporada que vén. Quedaría, eso si, a negociación co Arsenal para que o traspaso sexa unha realidade.
Sen entrar a valorar se esta información pode ser certa (o representante do xogador xa a desmentiu), penso que Cesc Fábregas xogará a vindeira temporada onde queira Florentino Pérez.
Se o mandatario merengue desexa de verdade fichalo, acabará xogando no Real Madrid. Se non é así, entón Cesc podería acabar no Barça, noutro equipo ou seguir no Arsenal.
Dito esto, e se facemos caso ao declarado por Valdano o verán pasado, parece claro que Cesc non é un obxectivo prioritario do Real Madrid. O director xeral do club blanco afirmaba entón que no posto que ocupa Cesc no terreo de xogo xa ficharan a Kaká.
Eu discrepo en parte con Jorge Alberto Valdano. Creo que Fábregas, aparte de xogar de media punta, tamén pode desenvolverse perfectamente de mediocentro ofensivo. Se o Madrid decide desprenderse o vindeiro verán de Van der Vaart ou Guti, necesitaría un futbolista para esa posición e Cesc é dos mellores nese lugar.
Por tanto, se o Real Madrid considera prioritaria a súa fichaxe, a Florentino non se lle escapará. Pero intúo que non vai ser así, e que Cesc rematará xogando no Barça da man de Sandro Rosell. Ogallá me equivoque.
E xa está.
Entry filed under: Uncategorized.
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed