Archive for febrero 24, 2010

Platinirato en Europa

  • Vergoñenta arbitraxe a favor do Farsa (ou Barsa) en Stuttgart
  • Dous penaltis non pitados e gol culé tras falta previa
  • Villar e Platini non poden durar nin un segundo máis nos seus postos

Se xa a temporada pasada asistimos a unha escandalosa arbitraxe nas semifinais da Champions League no partido Chelsea-Farsa, onte volveuse a repetir o Platinirato en Stuttgart. Se Villar e Platini o que queren é que o Farsa chegue á final do Bernabeu, que supriman as eliminatorias previas dos cataláns e que o sitúen xa na finalísima.

De non ser pola vergoñenta actuación do árbitro, o Farsa onte xa estaría casi eliminado da Champions. Dous penaltis non pitados a favor dos alemáns, e o gol de Ibrahimovic se produce tras unha clarísima falta de Piqué. Por tanto, o resultado podería ter sido un 3-0.

Pero como choróns que son de toda a vida, os «farsistas» reclaman un penalti a favor por mans dun defensor alemán, que ademais conlevaría a expulsión. Claro está, non viron a man previa de Ibrahimovic, que permite acomodar o balón para logo disparar a porta. Xa en Stamford Bridge o ano pasado non viron tres ou catro penaltis de libro a prol do Chelsea. Os segundóns son así!!!.

Está claro que Platini e Villar non poden durar nin un segundo máis nos seus postos. Como presidente e vicepresidente da UEFA, respectivamente, están alterando gravemente a competición. Non me extrana que suxeitos como Ovrebo sigan arbitrando na Champions. Xa o vimos no partido de ida da eliminatoria Bayern Munich-Fiorentina, volvéndoa a armar. Igual ata lle asignan a final do Bernabeu si chega o Farsa!!!.

E xa está.

 

febrero 24, 2010 at 2:32 pm Deja un comentario


Calendario

febrero 2010
L M X J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728

Posts by Month

Posts by Category