Archive for marzo, 2010
Se busca calsonsillo para Keita
O xogador do F.C. Barcelona Seydou Keita afirmou hoxe que non vira o partido Real Madrid-Atlético porque xa sabía que iba a gañar o equipo merengue. A continuación puxo en dúbida que os rivais que se enfrontan ao Madrid se empreguen ao 100%.
Estas declaracións, aparte de ser unha memez, denotan nerviosismo do xogador africano. Ou sexa, que si lle miran o calsonsillo os frenasos son pequeniños.
E xa está.
Chegou cun cuarto de hora
O Real Madrid resolviu o partido contra o Atlético de Madrid nun cuarto de hora na segunda parte. Logo de comezar perdendo nunha primeira parte para esquecer, o arranque da segunda foi frenético e os merengues aproveitaron para marcas 3 goles. O segundo pareceume unha obra de arte de Xabi Alonso, que deu un pase maxistral de 40 metros a Arbeloa, que definiu como un auténtico dianteiro.
O resto do partido casi que sobrou, cun Madrid dormido e un Atlético inoperante e sin gañas incluso cando perdía. Agüero estivo desaparecido todo o partido, e Forlán pouco máis fixo. Por parte do equipo dirixido por Pellegrini, eu destacaría a Xabi Alonso, Van der Vaart e Arbeloa. Polo demais, vin a Cristiano algo floxo comparado co seu habitual nivel, e incluso fallou un gol cantado.
Xa queda menos para o gran partido do 10 de abril. Un derbi que pode ser menos decisivo do que a maioría de xente pensa. Importante si, pero decisivo totamente penso que non. A partir dese encontro, todavía quedarán sete partidos, e nunca se sabe onde Madrid ou Barça poden fallar. Igual cando menos se espere.
E xa está.
CR9-Higuaín vs Agüero-Forlán
Mañá dispútase no Bernabeu o derbi madrileño: Real Madrid-At. Madrid. Un partido de intensa rivalidade que é vivido de xeito apaixoante máis na capital española que no resto do Estado. En Madrid, este encontro é tan importante como un Madrid-Barcelona.
Vanse a enfrontar dúas duplas atacantes de moita categoría: Por un lado, Cristiano e Higuaín – que suman a frioleira de 39 goles -, e polo outro Agüero e Forlán. Os dianteiros colchoneiros son do máis perigoso que un equipo rival se pode atopar, e se teñen o día poden amargar a calquera. De CR9 e o Pipita non teño moito máis que dicir; para min son a mellor combinación atacante do mundo.
Con estes ingredintes, o derbi promete ser goleador e entretido. Mais teño a sensación que a clave do partido vai a estar no medio campo. A priori o Real Madrid é superior nesa zona do campo, comandada por Xabi Alonso, Gago ou Guti, Granero e Van der Vaart. Pero o fútbol é impredecible, por eso é tan atractivo para moita xente.
E xa está.
Os da Banda voltan a ser tamaños
O Real Madrid venceu 2-4 en Getafe con dous goles de Higuaín e outros tantos de Cristiano. As portadas mediáticas voltan a cambiar dende a pasada fin de semana.
Agora os da Banda son uns tamaños, pero o sábado eran pouco menos que uns chaíñas. Como se pode cambiar tanto en apenas uns días?
O verdadeiramente certo é que non creo que haxa unha parella atacante tan boa como a que forman Cristiano-Higuaín. Entre os dous suman 40 goles. E hai que ter en conta que o portugués estivo máis de dous meses sen xogar, e o Pipita tres semanas lesionado e os primeiros 7 partidos foi suplente.
Ante esta situación, creo que Benzema vai a xogar pouco no que queda de temporada. O ano da consagración do francés no Madrid será o vindeiro, salvo que o vendan. Eu apostaría por el, porque ten talento de sobra para triunfar. É cuestión de paciencia.
E xa está.
O Madrid volve a ser unha Banda
En 15 días o Real Madrid pasa de ser a hostia a ser outra vez pouco menos que unha Banda. Hai dúas semanas gañaba ao Sevilla no Bernabeu con remontada incluida, e os eloxios de prensa deportiva non aforraban en calificativos. Este pasado sábado gañaba 3-1 ao Sporting de Gijón, pero as portadas xa son outras ben diferentes.
Se analizamos o que foron eses dous partidos, penso que a primeira parte de ambos foi similar, cun Madrid dormido e sin ritmo. En cambio, na segunda o equipo espabilou e boa fe de elo son os tres goles anotados tanto ante o Sevilla como ante o Sporting.
Xa se sabe que os rotativos tenden a esaxerar, tanto no bo como no malo. A cuestión é vender case a calquera prezo. Hoxe, sen ir máis lonxe, vexo portadas onde o protagonista é Messi. Paréceme moi ben, e igual son merecidas despois da exhibición de onte, pero insisto en que caen na esaxeración. Algún comentarista sinala que o arxentino é o mellor da historia. Juan Lapuerta afirma o mesmo. Eu digo que cando gañe un Mundial practicamente el só, como fixeron por exemplo Maradona ou Ronaldo, igual pode empezarse a falar de algo similar.
E xa está.
O Madrid do futuro
O Real Madrid afronta o que queda de temporada xogando un só partido por semana. Cuestión que para a prensa deportiva madrileña é un contratempo, porque entre semana non hai suficiente materia para encher un periódico diario que vive maioritariamente do equipo presidido por Florentino Pérez.
Para paliar este vacío, hai que publicar informacións sobre fichaxes de futuro. En definitiva, sobre a planificación da temporada seguinte. Persoalmente non me creo a maior parte deste tipo de noticias; aínda que calquera chaíñas que publique sete ou oito fichaxes, malo será que non acerte algún.
Nos últimos días saíron á palestra futbolistas como Rooney, Cesc, Ashley Cole, Villa, Agüero ou Navas; e adestradores como Benítez, Mourinho, Ancelotti e Capello. De aquí ata xuño seguro que se publicarán máis nomes, porque o importante é vender periódicos.
Deixando a un lado as informacións da prensa, a min gustaríame que o Real Madrid da vindeira temporada se basease no seguinte:
- A base da plantilla xa está feita, e só habería que realizar algúns retoques.
- Hai que fichar un lateral esquerdo. Non abundan xogadores de categoría nesta posición, pero Ashley Cole ou Clichy serían para min os mellores para fichar.
- Guti a temporada que vén terá 34 anos. Aínda no suposto que continúe no Madrid, faría falta un mediocentro creativo. Neste posto o elexido podería ser Cesc.
- Como guinda á plantilla, eu ficharía a un futbolista que poida actuar por ambas bandas, veloz, vertical e desequilibrante. Ou o que é o mesmo, o que para min é un dos cinco mellores do mundo: Franck Ribery.
- No apartado de baixas, estase falando da posibilidade de vender a Higuaín. Para min sería un erro impresionante, porque me parece na actualidade un dos tres mellores dianteiros do panorama futbolístico. Se Florentino quere fichar a Rooney, baixo o meu punto de vista habería que vender a Benzema.
- En canto ao adestrador, penso que Pellegrini debería seguir ao mando, pase o que pase na Liga. Só contemplaría unha posibilidade de que o chileno non continuase: que o mellor do mundo no banquillo (Fabio Capello) quixese volver.
E xa está.
Madridista ata a morte!!!
É posible que algúns xa se borraran. Non son madridistas de verdade, son madridistas de pacotilla. Os mesmos que hai anos decían que eran do Deportivo de toda a vida, e non enganaban a ninguén, porque agora xa din que voltan a ser do equipo que sempre foron.
Un madridista de verdade é aquel que está co equipo nas vitorias en nas derrotas, sobre todo nestas últimas. Cada vez que o Real Madrid perde, eu son todavía máis madridista. Madridista ata a morte!!!.
Por outra banda, a eliminación europea do Real Madrid é un feito duro, pero non hai que esquecer que o fútbol é un xogo, e as matemáticas son para a escola. Un dos atractivos do fútbol é que moitas veces se convirte en algo inesperado ou impredecible. Por eso se soe dicir: así é o fútbol!!!.
Dito isto, que ninguén dubide que o Real Madrid foi, é e seguirá sendo o club máis grande do mundo, o máis laureado e o máis seguido. Algúns din que esto é prepotencia, pero en realidade o que hai é moita envexa. Hala Madrid!!!.
E xa está.
Así, así, así gana el Madrid!!!
Real Madrid 3 Sevilla 2
Media hora de escándalo!!!. O Real Madrid perdía ao principio da segunda metade por 0-2, logo dun gol en propia meta de Xabi Alonso e unha cantada de Casillas. Pero dende o minuto 60 ata o final remontou cun fútbol eléctrico, frenético, vertical, veloz e de calidade. O fútbol de verdade.
Nese último tramo de partido, o Madrid marcou tres goles e creou polo menos outras 5 ou 6 oportunidades clarísimas, con tres tiros aos paus incluidos. Un vendaval!!!. O Sevilla tivo sorte de non saír goleado do Bernabeu, e a piques estivo de irse cun punto.
Ao final, o gol de Van der Vaart fixo xustiza e a vitoria quedouse na casa. Un resultado que permite ao Madrid colocarse líder logo do empate do Farsa en Almería. Todavía queda moita liga, e o tramo final da mesma promete ser apaixoante.
É de xustixa tamén recoñecer que Pellegrini acertou cos cambios, dando entrada a Guti e Van der Vaart. Outras veces ténselle criticado moito por diversas cousas, pero cando está atinado hai que recoñecelo. E ogallá cale moitas bocas ao final da temporada!!!.
E xa está.
———————————————————————————————
P.D: O adestrador do Sevilla, Manolo Jiménez, declarou ao final do partido que este Madrid é o mellor que ten visto dende sempre, e que pinta moi ben. Non é o único preparador que ten dito algo similar este ano. Por algo será.
O novo Pepe
O Real Madrid está a negociar co Benfica polo central brasileiro David Luiz, segundo informa Radio Renascença. Este xogador, de 23 anos, está sendo unha das revelacións da temporada en Portugal grazas á súa calidade no eixo da defensa.
David Luiz destaca polo seu poderío físico (1,85 cm, 74 kg), o cal permítelle dominar o xogo por alto. Isto non vai en menoscabo dunha velocidade axeitada para ir ao cruce. Ademais, é capaz de realizar desprazamentos en longo cando o equipo o necesita, grazas a que posee unha técnica depurada.
En definitiva, pode dicirse que pode ser o novo Pepe. En principio é un descoñecido, como tamén o era Don José. Pero se acaba fichando polo Madrid, podería dar un rendemento similar ao agora central lesionado.
E xa está.