O cheiraron!!!
marzo 3, 2010 at 1:20 pm Deja un comentario
O que pode ser en xuño novo presidente do Farsa, Sandro Rosell, vén de preguntar ao Bayern Munich por Franck Ribery coa intención de fichalo de cara á vindeira temporada.
A resposta do club alemán foi clara: se «caracortada» sae do Bayern, será en dirección a Madrid, da man de Zinedine Zidane. Polo tanto, o viron!!!. O mediocampista francés, que para min está entre os 5 mellores do mundo, ten claro que o seu futuro pasa polo Real Madrid.
O Farsa non é o único que se interesou por Ribery ultimamente. Chelsea, Juventus ou Manchester City tamén preguntaron por el, pero perden o tempo.
Xunto a Cristiano, Kaká, Higuaín e Benzema, o francés formará un ataque nunca antes visto. E cuidado non se sume algún futbolista máis. Con Florentino todo é posible.
E xa está.
Entry filed under: Uncategorized.
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed