Archive for marzo 4, 2010
O novo Pepe
O Real Madrid está a negociar co Benfica polo central brasileiro David Luiz, segundo informa Radio Renascença. Este xogador, de 23 anos, está sendo unha das revelacións da temporada en Portugal grazas á súa calidade no eixo da defensa.
David Luiz destaca polo seu poderío físico (1,85 cm, 74 kg), o cal permítelle dominar o xogo por alto. Isto non vai en menoscabo dunha velocidade axeitada para ir ao cruce. Ademais, é capaz de realizar desprazamentos en longo cando o equipo o necesita, grazas a que posee unha técnica depurada.
En definitiva, pode dicirse que pode ser o novo Pepe. En principio é un descoñecido, como tamén o era Don José. Pero se acaba fichando polo Madrid, podería dar un rendemento similar ao agora central lesionado.
E xa está.