Así, así, así gana el Madrid!!!
marzo 7, 2010 at 1:02 am Deja un comentario
Real Madrid 3 Sevilla 2
Media hora de escándalo!!!. O Real Madrid perdía ao principio da segunda metade por 0-2, logo dun gol en propia meta de Xabi Alonso e unha cantada de Casillas. Pero dende o minuto 60 ata o final remontou cun fútbol eléctrico, frenético, vertical, veloz e de calidade. O fútbol de verdade.
Nese último tramo de partido, o Madrid marcou tres goles e creou polo menos outras 5 ou 6 oportunidades clarísimas, con tres tiros aos paus incluidos. Un vendaval!!!. O Sevilla tivo sorte de non saír goleado do Bernabeu, e a piques estivo de irse cun punto.
Ao final, o gol de Van der Vaart fixo xustiza e a vitoria quedouse na casa. Un resultado que permite ao Madrid colocarse líder logo do empate do Farsa en Almería. Todavía queda moita liga, e o tramo final da mesma promete ser apaixoante.
É de xustixa tamén recoñecer que Pellegrini acertou cos cambios, dando entrada a Guti e Van der Vaart. Outras veces ténselle criticado moito por diversas cousas, pero cando está atinado hai que recoñecelo. E ogallá cale moitas bocas ao final da temporada!!!.
E xa está.
———————————————————————————————
P.D: O adestrador do Sevilla, Manolo Jiménez, declarou ao final do partido que este Madrid é o mellor que ten visto dende sempre, e que pinta moi ben. Non é o único preparador que ten dito algo similar este ano. Por algo será.
Entry filed under: Uncategorized.
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed