O Madrid do futuro

marzo 19, 2010 at 3:00 pm Deja un comentario

O Real Madrid afronta o que queda de temporada xogando un só partido por semana. Cuestión que para a prensa deportiva madrileña é un contratempo,   porque entre semana non hai suficiente materia para encher un periódico diario que vive maioritariamente do equipo presidido por Florentino Pérez.

Para paliar este vacío, hai que publicar informacións sobre fichaxes de futuro. En definitiva, sobre a planificación da temporada seguinte. Persoalmente non me creo a maior parte deste tipo de noticias; aínda que calquera chaíñas que publique sete ou oito fichaxes, malo será que non acerte algún.

Nos últimos días saíron á palestra futbolistas como Rooney, Cesc, Ashley Cole, Villa, Agüero ou Navas; e adestradores como Benítez, Mourinho, Ancelotti e Capello. De aquí ata xuño seguro que se publicarán máis nomes, porque o importante é vender periódicos.

Deixando a un lado as informacións da prensa, a min gustaríame que o Real Madrid da vindeira temporada se basease no seguinte:

  • A base da plantilla xa está feita, e só habería que realizar algúns retoques.
  • Hai que fichar un lateral esquerdo. Non abundan xogadores de categoría nesta posición, pero Ashley Cole ou Clichy serían para min os mellores para fichar.
  • Guti a temporada que vén terá 34 anos. Aínda no suposto que continúe no Madrid, faría falta un mediocentro creativo. Neste posto o elexido podería ser Cesc.
  • Como guinda á plantilla, eu ficharía a un futbolista  que poida actuar por ambas bandas, veloz, vertical e desequilibrante. Ou o que é o mesmo, o que para min é un dos cinco mellores do mundo: Franck Ribery.
  • No apartado de baixas, estase falando da posibilidade de vender a Higuaín. Para min sería un erro impresionante, porque me parece na actualidade un dos tres mellores dianteiros do panorama futbolístico. Se Florentino quere fichar a Rooney, baixo o meu punto de vista habería que vender a Benzema.
  • En canto ao adestrador, penso que Pellegrini debería seguir ao mando, pase o que pase na Liga. Só contemplaría unha posibilidade de que o chileno non continuase: que o mellor do mundo no banquillo (Fabio Capello) quixese volver.

E xa está.

Anuncio publicitario

Entry filed under: Uncategorized.

Madridista ata a morte!!! O Madrid volve a ser unha Banda

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

marzo 2010
L M X J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Most Recent Posts


A %d blogueros les gusta esto: