Archive for marzo 22, 2010
O Madrid volve a ser unha Banda
En 15 días o Real Madrid pasa de ser a hostia a ser outra vez pouco menos que unha Banda. Hai dúas semanas gañaba ao Sevilla no Bernabeu con remontada incluida, e os eloxios de prensa deportiva non aforraban en calificativos. Este pasado sábado gañaba 3-1 ao Sporting de Gijón, pero as portadas xa son outras ben diferentes.
Se analizamos o que foron eses dous partidos, penso que a primeira parte de ambos foi similar, cun Madrid dormido e sin ritmo. En cambio, na segunda o equipo espabilou e boa fe de elo son os tres goles anotados tanto ante o Sevilla como ante o Sporting.
Xa se sabe que os rotativos tenden a esaxerar, tanto no bo como no malo. A cuestión é vender case a calquera prezo. Hoxe, sen ir máis lonxe, vexo portadas onde o protagonista é Messi. Paréceme moi ben, e igual son merecidas despois da exhibición de onte, pero insisto en que caen na esaxeración. Algún comentarista sinala que o arxentino é o mellor da historia. Juan Lapuerta afirma o mesmo. Eu digo que cando gañe un Mundial practicamente el só, como fixeron por exemplo Maradona ou Ronaldo, igual pode empezarse a falar de algo similar.
E xa está.