Archive for marzo 25, 2010
Os da Banda voltan a ser tamaños
O Real Madrid venceu 2-4 en Getafe con dous goles de Higuaín e outros tantos de Cristiano. As portadas mediáticas voltan a cambiar dende a pasada fin de semana.
Agora os da Banda son uns tamaños, pero o sábado eran pouco menos que uns chaíñas. Como se pode cambiar tanto en apenas uns días?
O verdadeiramente certo é que non creo que haxa unha parella atacante tan boa como a que forman Cristiano-Higuaín. Entre os dous suman 40 goles. E hai que ter en conta que o portugués estivo máis de dous meses sen xogar, e o Pipita tres semanas lesionado e os primeiros 7 partidos foi suplente.
Ante esta situación, creo que Benzema vai a xogar pouco no que queda de temporada. O ano da consagración do francés no Madrid será o vindeiro, salvo que o vendan. Eu apostaría por el, porque ten talento de sobra para triunfar. É cuestión de paciencia.
E xa está.