Archive for marzo 27, 2010

CR9-Higuaín vs Agüero-Forlán

Mañá dispútase no Bernabeu o derbi madrileño: Real Madrid-At. Madrid. Un partido de intensa rivalidade que é vivido de xeito apaixoante máis na capital española que no resto do Estado. En Madrid, este encontro é tan importante como un Madrid-Barcelona.

Vanse a enfrontar dúas duplas atacantes de moita categoría: Por un lado, Cristiano e Higuaín – que suman a frioleira de 39 goles -, e polo outro Agüero e Forlán. Os dianteiros colchoneiros son do máis perigoso que un equipo rival se pode atopar, e se teñen o día poden amargar a calquera. De CR9 e o Pipita non teño moito máis que dicir; para min son a mellor combinación atacante do mundo.

Con estes ingredintes, o derbi promete ser goleador e entretido. Mais teño a sensación que a clave do partido vai a estar no medio campo. A priori o Real Madrid é superior nesa zona do campo, comandada por Xabi Alonso, Gago ou Guti, Granero e Van der Vaart. Pero o fútbol é impredecible, por eso é tan atractivo para moita xente.

E xa está.

marzo 27, 2010 at 11:41 am Deja un comentario


Calendario

marzo 2010
L M X J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Posts by Month

Posts by Category