CR9-Higuaín vs Agüero-Forlán
marzo 27, 2010 at 11:41 am Deja un comentario
Mañá dispútase no Bernabeu o derbi madrileño: Real Madrid-At. Madrid. Un partido de intensa rivalidade que é vivido de xeito apaixoante máis na capital española que no resto do Estado. En Madrid, este encontro é tan importante como un Madrid-Barcelona.
Vanse a enfrontar dúas duplas atacantes de moita categoría: Por un lado, Cristiano e Higuaín – que suman a frioleira de 39 goles -, e polo outro Agüero e Forlán. Os dianteiros colchoneiros son do máis perigoso que un equipo rival se pode atopar, e se teñen o día poden amargar a calquera. De CR9 e o Pipita non teño moito máis que dicir; para min son a mellor combinación atacante do mundo.
Con estes ingredintes, o derbi promete ser goleador e entretido. Mais teño a sensación que a clave do partido vai a estar no medio campo. A priori o Real Madrid é superior nesa zona do campo, comandada por Xabi Alonso, Gago ou Guti, Granero e Van der Vaart. Pero o fútbol é impredecible, por eso é tan atractivo para moita xente.
E xa está.
Entry filed under: Uncategorized.
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed