CERRADO TEMPORALMENTE
octubre 16, 2010 at 1:51 pm 3 comentarios
Por motivos personales, este blog permanecerá cerrado temporalmente. En cuanto sea posible, seguiremos opinando e informando sobre el Real Madrid.
Entry filed under: Uncategorized.
3 comentarios Add your own
Deja una respuesta
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1.
Abegondo | octubre 23, 2010 a las 11:42 pm
Real Madrid 6 – Rácing de Santander 1
Ultimamente xogamos ao tenis: set e partido concedendo o tanto da honriña aos montañeses, o mesmo ten que aliñen cinco defensores, con tres centrais – o medo garda a viña -, como que os dez se desempeñen nesa demarcación, o portento da natureza portugués derruba o mínimo conato de resistencia, hoxe catro goles coa maior sinxeleza, igual que quen dá un pase en curto sen presión; dun tempo a esta parte é definitivo o signo da quiniela nos encontros antes de atravesar o ecuador da parte inicial e, o que é máis insólito aínda, ata o resultado do quinigol, superado xa daquela o máximo tanteo posible neste xogo, esta noite, en concreto, pleno de efectividade nos tres primeiros tiros; nesta afinación superior da orquestra correspóndelle ao director, outro lusitano, o mérito no manexo da batuta: coa zaga racinguista adiantada chegaron os balóns en longo desde a defensa ás costas dos cántabros para habilitar aos atacantes (Higuaín e Ozil tamén marcaron), recurso, inédito ata agora, idóneo nesta ocasión; á vista do acontecido pódese afirmar sen perigo de equívocos que con este plantel e por esta senda victoriosa todos os éxitos son realizables.
2.
Abegondo | octubre 26, 2010 a las 11:35 pm
Murcia 0 – Real Madrid 0
O balón segue embargado no tellado deica a volta, se falabamos no encontro anterior que cambiáramos de deporte, neste volvemos trocalo, agora do tenis pasamos ao frontón, á pelota vasca; os murcianos, hospitalarios, cederon medio campo para o noso uso e desfrute, embutíronse no medio dos tres paus como chourizos a curar na lareira, entre eles os contrarios só se distinguiron do seu gardamallas pola camisola e as luvas deste, nós, castigados contra a parede, presentamos fronte aos enclaustrados con ata media ducia de xogadores que esta tempada ou ben aínda non debutaran ou ben nonca compareceran de inicio nun partido: a media elixida hoxe poucas veces se xunta( Diarra, o gastador, rendeu, o pirata estivo á abordaxe da asistencia que non chegou, León non atopou ningún golpe franco dos que dispuxo e Canales, fluido de primeiras, meteuse no atasco das canles do centro), a dianteira incorporou a Benzema, que se debía reivindicar e nin se vindicou, a defensa (tres dos catro campións mundiais) trouxo a nova de Albiol para que xogase contra seu irmán por primeira vez, pero sen ataques que rexeitar foi igual que se non se estrease, e, na portería a derradeira «alternacia», Casillas na Copa, convidado de pedra; todas estas mudanzas, a outra parte da lide que queda por vir e a diversa predisposición das competicións conxugáronse para calar os lentes ao marcador, pola nosa banda facemos o propio mentres non chega o día da próxima recensión, aló polo Samaín.
3.
Abegondo | octubre 30, 2010 a las 11:52 pm
Hércules 1 – Real Madrid 3
No día de hoxe competimos nas traíñas, tocounos bogar contracorrente desde a primeira boia, por unha vez no campionato vimos diante a popa do contrincante, Trezeguet, vello lobo dos mares, púxonos a seguir a estela alicantina, os contrincantes, sen sentir o ascenso de categoría -xa antes renderan aos seus pés pendóns sevillanos e condais-, confiaban na súa probada arte de mareantes para vencernos, e non foi, desde logo, un prato de caldo galego a singladura mediterránea, acorde coas datas que atravesamos -tempo de temporais e tempestades- afrontamos marusías, ondas a proba de vertixe e resacas copeiras co mascarón de proa luso na rompente á fura de diante, gracias ao seu esforzo de galeote ao remo –mollou(se) dúas veces- máis ao empuxe do que deixou á fin de ser grumete, Benzema, sen esquecernos tampouco- aínda que non sexa dezaséis de xullo- di María por saír con ben da travesía, puidemos rebasar ao traballoso Hércules para manternos na cabeza da liga.