Arbeloa e Cristiano poden co «patatal»
febrero 13, 2010 at 10:23 pm Deja un comentario
Xerez 0 – Real Madrid 3
A Banda gañou hoxe por 0-3 en Xerez nun partido caracterizado polo mal estado do terreo de xogo. Tras unha primeira parte na que o equipo local fixo o partido da súa vida, tralo descanso os merengues impuxeron o seu xogo e golearon.
O camiño da vitoria abriuno Arbeloa. Un xogador que non acapara titulares de prensa nin pasa por ser unha gran figura, pero que para min foi unha das mellores fichaxes o pasado verán. Trátase dun futbolista moi regular, sempre cumplindo a súa función e moi solvente tanto en defensa como en ataque.
Cristiano Ronaldo pechou o encontro con dous goles en 5 minutos. E tivo oportunidades na primeira parte de acadar algún tanto máis.
Hai que destacar tamén o bo partido de Sergio Ramos e Garay como centrais. O sevillano está demostrando que no centro da defensa é un dos mellores do mundo, e o arxentino para min é o xogador revelación do equipo ata o momento.
En definitiva, tres puntos máis seguir sumando.Nun campo que, tal e como estaba hoxe, o importante era gañar e non o xeito de como se fixera.
E xa está.
Entry filed under: Uncategorized.
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed