Fútbol de verdade

febrero 21, 2010 at 11:13 pm Deja un comentario

Real Madrid 6 – Villareal 2

  • Lección de xogo vertical e ofensivo dos merengues
  • Golazo de falta de Cristiano, que participou noutros 4 goles
  • Kaká e Higuaín marcan por partida doble, e X.Alonso remata a faena

Noite de espectáculo no Bernabeu. A Banda de música goleou por 6-2 ao Villareal tras unha lección de xogo vertical, veloz e ofensivo. O fútbol de verdade!!!. Os blancos, aparte dos seis tantos, crearon outras 4 ou 5 ocasións claras de gol.

Cristiano abriu o marcador cun golazo de falta pola escadra dende 35 metros. Un misil teledirixido. Impresionante!!!. Pouco despois, Kaká anotaba o segundo de penalti, e Senna acurtaba distancias tras outro golazo de falta.

Así se chegaba ao descanso. Ao pouco de comezar a segunda metade, o Pipita marcaba o 3-1 tras unha asistenciade Cristiano, previa galopada pola banda dereita. O propio portugués perdonou o cuarto pouco despois, e xusto despois o Villareal anotou 0 3-2, que mantiña a incertidume no marcador.  

Pero Higuaín aínda non dixera a última palabra. O Pipita aproveitou outro ataque veloz e vertical comandado por Kaká, que abriu á banda a Marcelo, quen á súa vez serviu ao dianteiro arxentino para que empurrara o balón a pracer.

O Bernabeu estaba a ver un torrente de fútbol ofensivo merengue, con constantes chegadas á meta rival usando a velocidade, a verticalidade e a pegada. Ou sexa, o FÚTBOL DE VERDADE. O famoso «tiki-taka» no medio do campo e sen profundidade está ben para a Play Station.

Foi así como chegaron os dous últimos goles blancos. O quinto tras unha combinación de Cristiano e Kaká, para que este último o seu segundo tanto da noite. E o sexto de Xabi Alonso de penalti, que se estreaba como goleador no Real Madrid.

Algún que outro medio de comunicación falaba do partido contra o Villareal como un xuízo a Pellegrini. Son os mesmos que día si e día tamén están a buscar un sustituto para o adestrador chileno. Para min, tonterías!!!. Hai que vender periódicos e non saben o que facer.

E xa está.

Anuncio publicitario

Entry filed under: Uncategorized.

Porra liga Platinirato en Europa

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

febrero 2010
L M X J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728

Most Recent Posts


A %d blogueros les gusta esto: