O debate dos dianteiros
octubre 20, 2009 at 12:18 pm 2 comentarios
Logo de nove partidos oficiais disputados polo Madrid, nalgúns medios estase debatindo sobre os dianteiros do equipo no tocante a quen debe ter maior protagonismo nos onces titulares.
De momento, os atacantes que disfrutaron de máis minutos foron Raúl e Benzema, seguidos en terceiro lugar por Higuaín e por último Van Nistelrooy (que nos primeiros minutos disputados lesionouse para mes e medio).
Eu penso que ten que haber minutos para todos porque hai que disputar tres competicións con partidos cada tres ou catro días. Pero tamén está claro que hai unha orde de preferencia para elexir aos dianteiros que van a ter maior presencia. E neste senso, para min o dianteiro preferente tería que ser Higuaín, seguido por Benzema. Logo estarían Raúl e Van Gol.
Dito doutro xeito, nos encontros máis importantes penso que deberían xogar Higuaín e Benzema (salvo lesión dalgún, claro está). O arxentino ten declarado en máis dunha ocasión que o seu posto ideal é o de segundo dianteiro, aínda que poida xogar en punta (como ten demostrado moitas veces).
A realidade indica que Higuaín é para Pellegrini o terceiro atacante en canto a protagonismo dentro do equipo. Espero que esa tendencia cambie no futuro, porque o Pipita vai a marcar unha época no Madrid si as lesións o respetan. E agardo que sexa titular ante o Milan no partido de mañá de Champions, o máis importante no que vai de temporada.
Entry filed under: Uncategorized.
2 comentarios Add your own
Deja una respuesta
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1.
Abegondo | octubre 21, 2009 a las 10:37 am
Cristiano gosta moito da acción directa pois desborda en carreira a calquera nas súas incisivas diagonais cara a porta, vai de cabeza como se tivese ás e o seu disparo é un mísil, as estatísticas sentencian a súa efectividade; Benzemá revólvese na área semellante a unha buxaina imposible de frear para os defensas,sabe xogar de costas á perfección protexendo o balón mentres con bo criterio elixe a mellor opción de ataque e arma o tiro coa velocidade do lóstrego, estao a amosar en cada partido; Raúl sobresae en todas as facetas do xogo,sen equívoco prevé cómo virá a xogada seguinte a fin estar no lugar idóneo onde rematala e xamais reserva folgos para máis ver, non hai tope que non funda; Higuaín posúe grande habilidade para gañar as posicións, un caneo imparable encarando rivais e un golpeo preciso que varre arañeiras,non hai xornada en que non se atope entre os destacados;Van Nistelrooy está no cumio dos dianteiros que menos precisan para marcar,resolve os maiores contratempos aínda fóra de ángulo e se rodeado de rivais non acha oco invéntao, demóstrao a súa dilatada traxectoria; todos xuntos conforman unha nómina envexable cuxa orde de aparición non necesariamente debe ser a preferente.
2.
colgatore | octubre 21, 2009 a las 12:37 pm
Abegondo, hai que mollarse e dicir a orde de preferencia de dianteiros. Polo demais, moi boa a análise dos atacantes merengues.