Líder a cuarto de jas

noviembre 22, 2009 at 12:12 am 2 comentarios

Real Madrid 1 – Rácing Santander 0

  • Boa primeira media hora do equipo de Pellegrini
  • Logo de marcar Higuaín, os merengues xogaron a cuarto de jas
  • Mal o árbitro: penalti non pitado a Benzema e gol legal anulado ao Rácing

O Real Madrid gañou 1-0 ao Rácing de Santander no Bernabeu e se coloca líder na liga logo de que o Barça non pasase do empate en San Mamés (1-1). Os merengues sacaron o partido adiante grazas a un gol do Pipita Higuaín no minuto 22, para logo adicarse a contemporizar. Os cántabros tampouco axudaron a que se vise un partido máis atractivo para o espectador, pois apenas se achegaron con perigo á meta de Casillas. E cando o fixeron, e marcaron, o gol foi anulado por un fóra de xogo inexistente.

Este erro compensaba o penalti non pitado a Benzema cando o marcador aínda reflexaba o empate sen goles. Ramírez Domínguez é un árbitro malo e demostrouno no Bernabeu, coa “axuda” dun linier (no caso do fóra de xogo). Menos mal que non se cumpriron os meus prognósticos que apuntaban a unha expulsión dun xogador do Madrid, para que non poidese xogar contra o Barça o vindeiro domingo 29.

O Madrid practicou un fútbol fluido na primeira media hora de encontro, con moita posesión de balón e varias oportunidades. Houbo dous tiros aos postes antes de que o Pipita adiantase aos locais. Na segunda metade os blancos xogaron a cuarto de jas, cecais pensando en vindeiros compromisos: o mércores partido de Champions, e o domingo o clásico. Tamén pode ser que a escadra comandada por Pellegrini non estea no seu mellor momento de forma física a estas alturas de campeonato, tendo en conta que o corpo técnico (xunto con preparadores físicos) planifican a temporada para chegar ao final no pico máis alto.

A partir de agora, avecíñase unha semana apaixoante. A metade de semana, partido de Champions ante o Zurich, onde o Madrid non pode fallar para asegurar a clasificación para oitabos de final. E o domingo, partidazo ante o Barça no Campo Nuevo. Este partido será importante, pero non transcendental. E máis sabendo que a diferencia de puntos entre os dous equipos é mínima.

E xa está.

———————————————————————————————————————————————————————————————————————————

Última hora: Messi lesionouse nun abductor ante o Atletic de Bilbao e podería perderse o partido ante o Madrid. Segundo o médico do Barcelona, é baixa segura ante o Inter de Milan e seria dúbida para xogar o clásico.

Dende o punto de vista dun espectador neutral, sempre é mala noticia que un crack non poida xogar un Barça-Madrid. Pero dende a óptica dun madridista sempre son boas novas que o equipo rival non poida contar co seu xogador máis importante. O mesmo pensaran moitos culés de Cristiano Ronaldo, que salvo novidade si poderá disputar o clásico.

Si se confirma a baixa de Messi, en principio o Madrid terá máis posibilidade de gañar o partido, pero non quere dicir que xa teña o partido resolto nen moito menos. Lembro que o ano pasado os merengues chegaron a Barcelona con numerosas baixas importantísimas. Moita xente pensaba que ían a ser goleados, mais o encontro resolveuse nos últimos dez minutos, e o Madrid desperdiciou un man a man de Drenthe con Valdés na primeira metade.

 

Entry filed under: Uncategorized.

A ver a quen expulsan Porra Champions

2 comentarios Add your own

  • 1. Louro  |  noviembre 24, 2009 a las 11:57 am

    A roubeta foi pequena. Hoxe non falas de Villarato?

    Responder
  • 2. colgatore  |  noviembre 24, 2009 a las 12:37 pm

    Supoño que o dirás polo penalti de libro a Benzema. Ou só vemos o que nos interesa? O árbitro tivo dous fallos graves: o gol mal anulado ao Rácing, e o penalti non pitado a Benzema.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Most Recent Posts


A %d blogueros les gusta esto: