Hai que gañar
noviembre 3, 2009 at 12:32 pm 2 comentarios
Milan-Real Madrid (20.45 h, TVE). Partidazo hoxe en San Siro, no que os merengues necesitan gañar se queren aspirar ao primeiro posto do grupo, que dá dereito a xogar o partido de volta dos oitavos de final na casa.
Eu espero un partido vistoso e con ocasións de gol por ambos equipos. O Madrid, se imprime un ritmo alto de xogo, ten máis posibilidades de levarse a vitoria. Do contrario (como sucedeu no Bernabeu), será o equipo local o que vai ver en aumento esas posibilidades.
Parece que Pellegrini vai a alinear o mesmo once titular que contra o Getafe. É dicir, con Higuaín e Benzema en punta, con Kaká por detrás e Marcelo pola esquerda no medio campo. Xabi e Lass de medioscentros; e Ramos, Pepe, Albiol e Arbeloa na defensa. E por suposto, Casillas na meta. Esperemos que o porteiro teña unha noite máis acertada que no partido do Bernabeu ante os milanistas.
En canto á defensa, para min a que vai xogar hoxe é a que debe ser titular. Arbeloa como lateral esquerdo é máis solvente en defensa que Marcelo. Pepe e Albiol son os mellores centrais do equipo, e Sergio Ramos queda como lateral dereito. O sevillano ten unhas cualidades innatas tremendas, pero creo que debe centrarse se non quere ver como a súa progresión deportiva se estanca seriamente. Tampouco lle axuda que a veces o equipo xogue sin interior dereito (cando Granero ocupa esa posición, Ramos fai mellores partidos, en xeral).
A miña aposta xa a puxen na porra: 1-2. Con goles de Marcelo e Benzema. E agardo non equivocarme no tocante a que vai ser un partido vistoso con chegadas constantes nas dúas áreas.
E xa está.
Entry filed under: Uncategorized.
2 comentarios Add your own
Deja una respuesta
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1.
Louro | noviembre 4, 2009 a las 4:40 pm
Había que gañar, pero…..¡non gañou!
Empate e menos mal porque o árbitro anuloulle un gol legal ao Milan de cabeza por un suposto empurrón que non existiu.
Boa primeira parte do Glorioso, con Kaká e Lass á cabeza, pero na segunda creo que foi superado claramente polo Milan.
2.
colgatore | noviembre 5, 2009 a las 12:20 am
Ote, na primeira parte o Madrir foi moi superior, e na segunda a cousa estivo igualada (coas mellores ocasións do Madrid).
En canto ao gol anulado a Pato, para min foi legal. Pero o penalti de Pepe non o vin por ningún lado, o balón lle pega entre o costado e o sobaco. Espero que ao Madrid tamén lle piten eses penaltis a favor. No partido do Bernabeu, houbo un penalti de libro sobre Benzema, e o árbitro dixo «sigan, sigan». Platinirato!!!